Esta pasada fin de semana (13 de decembro) celebrouse en Vigo a gala do surf galego 2008. A surfeira de só 16 anos, Flavia Braña Arrondo, natural de Vigo e residente en Ferrolterra,foi premiada cos seguintes trofeos:
- Subcampiona Galega Open 2008
- Campiona Circuíto Galego Xuvenil
- Subcampiona Circuíto Galego Open
Estes premios súmanse a outros obtidos na tempada 2008 entre os que se poden destacar:
- Subcampiona Europa Volcom VQS (Anglet)
- Terceira praza do Circuíto Nacional King of the Grooms sub 16.
Xa está preparando a tempada 2009, adestrando co excelente surfeiro ferrolán, Luís Rodriguez.
Dende SurfGZ.com damoslle os nosos parabens e folgos pra seguir competindo ao máximo nivel!