Nova entrevista de Gony na TVG

Dende o blog do Patos Surf Clube chega a nova de que este luns 12 de xaneiro retransmitirase no programa da TVG "Acompáñenos" unha entrevista a Gony Zubizarreta, un dos maiores expoñentes do surf galego.

 


Unha entrevista na que Gony explica á xornalista unhas nocións básicas de surf. Despois da entrevista acompáñanos á escola de surf e coméntanos que está moi atarefado nestes comezos de tempada. Sesións de fotos, entrevistas e competición en Florida nos próximos días.

Esperamos ansiosos velo no mais alto dos podios e paso a paso ir conseguindo unha praza no WCT. Desde os Patos Surf Club desexámosche moita sorte para esta nova tempada 2009.

Fonte orixinal: http://patosurfclub.blogspot.com/

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.