Velaquí tedes o video profile de Manuel Fernández, rider da Coruña e de oito anos de idade, que xa mostra boas maneiras na auga e moita decisión no take off. Manuel é o irmán pequeno de Juan Fernández, unha das revelacións do noso surf e asiduo competidor do Circuíto Galego de Surf. Esperamos poder seguir informando desta nova promesa do surfing coruñés.
Fonte da nova:
http://www.youtube.com/channel/UC3JDE0InY8mtUw70UHe1pXg?feature=watch