Noraboa ao noso colaborador Ángel Fotosplino por ser o gañador da categoría de surfing do 1º Concurso de Fotografía Surfeira de Galicia con esta imaxe de Gony Zubizarreta voando polo aire nun secret spot das Rías Baixas o ano pasado. Fotosplino é un dos afotadores galegos máis activos e gran coñecedor da nosa costa. Noraboa!!
Beatriz Lirola foi a segunda na clasificación con este tubo máxico captado pola súa cámara.
O terceiro clasificado foi Alberto Puig con este impresionante tubo na praia de Montalvo que mostra a calidade deste potente spot das Rías Baixas.
Moitas grazas a todos os participantes da categoría de surfing xa que o nivel das fotos recibidas alto e recibimos moitas fotos dende toda a costa galega! Podedes ver as fotos recibidas máis destacadas na seguinte galería:
{artsexylightbox path="images/stories/surfNoticias/2014/surfconcurso" previewWidth="129" previewHeight="77"}{/artsexylightbox}
O xurado do concurso está composto por importantes e destacados personaxes da cultura surfeira:
- Pablo Martínez, fotográfo de surf profesional.
- Fine, webmaster e fundador de Costasurf.com
- José Pellón, músico, escritor e surfeiro e fundador de Surflandia.es
- Helga Álvarez, manager de Surfmarket.org
- César Formosel de TSP - The Surfeiros Piratas
Outros gañadores do evento:
Silox leva o premio "A mellor foto de Longboard en Galicia"
Irene Aneiros gaña o premio da mellor foto de surf XXL de Galicia
Miguel Seoane é o gañador da mellor foto de Bodyboard de Galicia
Bases do concurso:
http://www.surfgz.com/surfing/soulsurfing/3167-concurso-fotografia-surf-galicia.html
{fcomments}