Eric Rebiere está de novo en Galicia, concretamente na cidade da Coruña, e comeza unha nova etapa da súa vida perto da súa familia e cun novo proxecto de surf Pro Surfers Experience que vai ofrecer clases de surf para nenos e principiantes, asesoramento deportivo e adestrador persoal de surf para riders que queiran millorar as súas técnicas.
Con máis de 30 anos de experiencia na auga e 20 anos como surfeiro profesional, Eric Rebiere vai ofrecer unhas ensinanzas de moita calidade e que serán ben recibidas por parte das novas promesas do surf galego. Eric foi tres veces campión europeo de surf e destaca na auga pola súa facilidade para surfear ondas XXL en diferentes partes do planeta.