Comezamos a semana con esta foto-reportaxe de José Diéguez, o responsábel de Prado Surf Clube e gran viaxeiro, que con 35 anos xa percorreu gran parte do planeta surfeando. José empezou a surfear en Patos en 1994 e agora xestiona o clube fundado o século pasado por surfeiros locais como Alfaya, Imbernón, Coke e Piti. Prado Surf Clube é o máis importante da nosa costa e ensinou a surfear a milleiros de nenos na Ría de Vigo coa súa escola dende 1996.
José entrou a formar parte do clube no ano 1998 e logo dous anos máis tarde entraron Adrian Seoane e Lorena Vilán que forman na actualidade o equipo xestor deste clube. Prado Surf Clube é o actual campión galego de clubes de surf e leva 10 anos seguidors con ese título.
Surfeando no Pico de Patos
José viaxou varias veces a Hawaii e tamén coñece Australia, Marrocos, California, Indonesia, Perú, Centroamérica, Francia, Portugal e Canarias. Como todo bo surfeiro pra el é unha prioridad medrar na auga pero tamén coñecer novos lugares e vivir novas experiencias.
Tedes a Galería de fotos enteira en:
https://www.facebook.com/IgnacioMoranCuadrado/media_set
Todas as fotos feitas por Nacho Moran Cuadrado
{fcomments}