... é que haxa que mirar de reollo, con cara de can para que digan: ui! aquí hai locales.. aquí non podo facer o que me dea a gana. Resulta que si recibes á peña con un saludo e un sorriso... pérdenche o respeto...cando tería que ser XUSTO o contrario. Vaia merda... de tódolos deportes que practico, é no que máis desencantado quedo coa xente e compañerismo en xeral.
Este domingo 30 e pico persoas no pico en Nemiña. Bueno, pois NIN UN!respetaba turno... esperar un pouco a que outros pillaran olas. TODOS en canto pillaban unha volvían parao pico e non se cortaban un pelo en buscala preferencia.
Como se o resto non soupésemos onde hai que colocarse para ter preferencia nas dereitas. Como se o feito de ter tablón permitise faltar un pouco máis o respeto ós locais...e colocarse no pico continuamente.
Pois sabedes que? eu négome a poñer cara de can para poder surfear máis...Prefiro surfear algo menos e seguir intentando transmitir bo rollo. xa me buscarei as miñas armas... que para cans guardiáns xa hai algún colega por aquí. Que polo que vexo vou a ter que darlles a razón... vou a ter que decirlles que sí, que teñen que poñer cara de can e de vez en cando soltar algún berro para que nos respeten en Nemiña.
Que asco de verdade...
E eu que pensaba que na "civilización" de hoxe en día, xa non funcionaban os gruñidos.
E eu, iluso de min, que pensaba que o máis educado merecíase máis respeto que o maleducado.
Artigo orixinal de Rubén en http://surfcostadamorte.blogspot.com/2009/03/min-o-que-me-jode.html
