O Concello de Valdoviño celebrará o xoves 28 e venres 29 de novembro as “I Xornadas de Surf e Desenvolvemento Sostible” no Océano Surf Museo, cun enfoque marcadamente medioambientalista. Está aberta a inscrición a un público multidisplinar (escolas, administracións, asociacións, etc.) a través da web www.xornadasurf.com.
As xornadas convertiranse no escaparate dos casos de éxito na xestión do surf en diversos territorios, dando a coñecer iniciativas xa consolidadas e de boas prácticas en comunidades como Asturias, Cantabria, Euskadi ou Canarias.
Preténdese crear un diálogo entre diversas entidades que desenvolven a súa actividade económica en torno ao produto do surf, administracións e asociacións, reflexionando sobre unha industria que debe ter en conta a conservación do medio ambiente, o respecto pola cultura do surf, o desenvolvemento económico e social, da súa poboación local, a innovación e a profesionalización das empresas do sector.