Velaquí tedes un pequeno vídeo de Mireia Rochel surfeando un par de boas dereitas con forza. Mireia é unha surfeira chegada dende Catalunya e que leva xa uns cantos anos afincada na nosa terra e agora forma parte do proxecto One Surf Academy en Malpica de Bergantiños.
Mireia estivo surfeando moito polas Rías Baixas os seus primieros anos en Galicia, cando estudiaba a carreira de Ciencias da activadade física e Deporte, e agora vive na comarca de Bergantiños onde perfecciona o seu surf e traballa en One Surf Academy.
Aquí tedes tamén unha entrevista con Mireia no sitio web do seu novo proxecto:
https://onesurfacademy.com/surf-femenino-mireia-rochell/