A pulseira da sorte?? Balance Power

Antón Bruquetas - Pasa practicamente desapercibida na foto que Marcos Creo fíxolle a Gony no podio do Pantín Classic. Pero se vos fixades na man dereita do vigués, poderedes apreciar a pulseira que, desde hai uns meses, está a revolucionar o surf: o Power Balance. Trátase, segundo explican os seus inventores, dun holograma que a través da frecuencia do corpo humano proporciona a esta información que lle permite incremetar o equilibiro e a elasticidade.

Vén avalado, tal e como recolle Kike Aradas no seu blog, polo testemuño de surfeiros de todo o mundo, entre os que se atopan, por exemplo, os irmáns Irons. Pero o alcance deste novo avance está a chegar a outros deportes como o golf, o pádel, motociclismo ou a Formula Un.

[Rubens Barrichello loce a pulseira na boneca esquerda, mentres celebra o título de campión do Gran Premio de Monza]

O Power Balance, unha pulseira, un holograma, a medio camiño entre a ciencia e a sugestión.

Artigo orixinal: http://blogs.lavozdegalicia.es/antonbruquetas/2009/09/29/%c2%bfciencia-o-sugestion/

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.