Jamardo e Mendiola - A parella perfecta

Velaquí van unhas fotos de Jamardo e Mendiola, estes dous surfeiros locais de Patos, levan máis de 20 anos surfando toda a costa galega. Un prefire as dereitas e outro as esquerdas polo que cando entran no pico de Patos non teñen problemas pra coller todas as ondas que pasen preto deles. Todas as fotos son de de Ángel Fotosplino. Embaixo: Jamardo no Pico de Patos.

Secuencia de Mendiola no Pico de Patos

Jamardo

Rentri de Jamardo

Moitas grazas a Ángel Fotosplino polas fotos

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com