Xa está todo listo para o III Mercadillo de Surf na praia de Lóngara organizado polo North Shore Surf Clube o vindeiro 17 de Agosto. Podes mercar e vender material de segunda man ou facer troco e intercambiar material con outros riders. Se desexas participar debes reservar a túa praza. Os socios do clube exponen gratis, os non socios aportarán unha pequena cantidade de diñeiro pra axudaren a continuar con estas actividades.
+ info en:
https://www.facebook.com/events/513603075383852/513790335365126