Jesús Busto - E por fin o cuarto episodio dos vídeos do Pantín Classic deste ano. E digo por fin porque, con diferenza, foi o que máis me custou editar, e iso a pesar de que é o que menos traballo de montaxe leva. De comezo, partín cunha idea que finalmente non puiden concluír, e as imaxes, algo así como descartadas dos vídeos anteriores, tampouco lle acababan de motivar a un.
Con este vídeo conclúese a serie do Pantín Classic 2010. Esperemos que o próximo ano as ondas acompañen máis que nesta edición.
Música: Iron & Wine - Dearest Forsaken
Gravado na praia de Pantín durante a última semana do mes de agosto de 2010.
desdelacroa.blogspot.com