Resultados Luso-Galaico 2011

João Guedes, Paulo Costa, Mariana Macedo, Anita Lino e Pedro Casqueira foron os campións do XIV Luso Galaico, que tivo lugar esta fin de semana, na Praia da Arda, en Afife, Viana do Castelo. Esta edición, organizada polo Surf Clube de VianaSurf Club de Viana e integrada nas conmemoracións oficiais do Día Europeo do Mar, bateu a marca de participantes: 101 inscritos.

SURF OPEN

1.º João Guedes
2.º João Mealha
3.º David Raimundo
4.º Alexandre Grilo

SURF FEMININO

1.ª Mariana Macedo
2.ª Yolanda Aneiros       
3.ª Eva Robledo
4.ª Maria Pessanha

LONGBOARD

1.º Pedro Casqueira
2.º Jorge Gomes
3.º João Stopani
4.º Eduardo Martins
5. º Edgar Afonso

BOBYBOARD OPEN

1.º Paulo Costa
2.º Nuno Azevedo
3.º João Neiva
4.º Brais Gonzales

BOBYBOARD FEMININO

1.ª Anita Lino
2.ª Carolina Gaspar
3.ª Ana Adão
4.ª Mafalda Peixoto

Neste XIV campionato, homologado pola Federación Portuguesa de Surf e pola Federación Galega de Surf, destaque para os atletas lusos, que conquistaron todas as finais, e para a gran presenza de atletas do Surf Clube de Viana, que disputaron tres das finais das cinco categorías en Competición.

Para Diogo Marques, Director técnico da proba, a pesar das condicións do mar bastante complicadas, as finais foron pautadas por manobras de gran calidade. Tratouse dunha competición sen grandes sorpresas, pois a calidade dos atletas conquistou lugar naturalmente.

A mellor nota, 9 puntos, pertenceu a Nuno Azevedo e o mellor score, 15,5, a João Neiva, rider do Surf Clube de Viana.

Na categoría de Surf Open, João Guedes, tamén atleta do clube organizador e campión nacional en título, volveu a sagrar-se campión do LG. En segundo ficou outro atleta do club da casa, João Mealha, seguido polo recoñecido David Raimundo e por Alexandre Grilo.

No Bodyboard Open houben un novo campión, Paulo Costa, que xa hai moitos anos non competía. Nuno Azevedo, que xa foi tres veces campión en Viana do Castelo, posicionou-se en segundo lugar, seguido por João Neiva e de Brais Gonzales.

No Longboard, Pedro Casqueira, que o ano pasado non participara neste campionato, dous anos despois volve a sagrar-se campión. Os restantes atletas da final son do SCV. Ficando en segundo ficou Jorge Gomes, en terceiro João Stopani, en cuarto Eduardo Martins e en quinto Edgar Afonso.

No Surf Open feminino, Mariana Macedo revalidou o título de campioa. Yolanda Aneiros volveu a ficar en segundo lugar. Eva Robledo ficou en terceiro e Maria Pessanha en cuarto.

A final do Bodyboard feminino ficou marcada por unha excelente performance das catro finalistas. Anita Lino tamén revalidou o título, neste que foi o primeiro campionato no cal participou este ano. Carolina Gaspar foi segunda. Ana Adão terceira e Mafalda Peixoto cuarta.

Os presentes foron unánimes en considerar que o Surf Clube de Viana está de parabéns non só por organizar o Campionato máis antigo de Portugal, evento que reforza os lazos de Portugal e da Galiza, mais tamén por todo o traballo que ten desenvolvido en prol da modalidade e da súa contribución para a afirmación da Praia da Arda nos guións do Surf e de Viana do Castelo nos guións do surf e da náutica en xeral.

Fonte da nova:

http://www.surfingviana.com/?lg=1&id=11

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.