1ª Proba Circuíto Riders - 4/5 Xuño

RIDERS 73 SURF

A fin de semana do 4 e 5 de Xuño celébrase a 1ª proba Riders Surf School Infantil/Xuvenil na praia da Lanzada (Pontevedra). O prazo de inscrición ábrese o luns 30 de maio e finaliza o xoves 2 de xuño ás 13:00. Trofeos e material ao catro primeiros de cada categoría.


CATEGORÍAS:

Infantil (do 97 en diante)
Xuvenil ( do 93 ao 96)

MODALIDADES:

Surf e bodyboard.

PREMIOS:

Trofeos e material ao catro primeiros de cada categoría.

PREZO:

15€ (inclúe comida)

PAGO DE INSCRIPCONES:

O sábado día 4 de xuño de 9 a 10 co checking.

INSCRICIÓNS:

Enviar email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. cos seguintes datos:

  • NOME E APELIDOS.
  • CATEGORÍA.
  • MODALIDADE.
  • CLUB.
  • Teléf. DE CONTACTO.

NOTA. En caso de non haber condicións comunicarase o seu cambio de data.

Colaboran: Alder, Manual Surfboards, Hoven, Snappers Surf Shop. Media Partner: SurfGZ.com

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.