Xa podedes participar no Surf Film Festibal 2011

Aínda estades a tempo de enviar a vosa curtametraxe ao Surf Film Festibal 2011 ata o 31 de Agosto. Os traballos terán unha duración máxima de 5 minutos. Este é un bo momento pra facer un vídeo surfeiro divertido e intelixente pra poder optar aos premios deste evento pioneiro no mundo do surf europeo. Tamén queremos destacar que os maiores de 18 anos poden participar no concurso dun pasaporte para ir o Salinas Amstel Longboard Nights do 28 ao 31 de Xullo.

{dmotion}xjup9e{/dmotion}

Máis info no Facebook: http://www.facebook.com/event.php?eid=250547748292461


Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com