Xa falta soamente unha semana pra que dea comezo a máis importante proba surfeira da nosa costa, o Pantín Classic 2011. Este ano van estar presentes riders de todas as partes do planeta nas augas da catedral galega do surf e promete dar moito espectáculo. Haberá retransmisión en directo vía web pra todos os que non poidamos estar presentes en Pantín...
Entre os competidores deste ano queremos destacar a presenza do actual campión que vai defender o seu título Billy Stairdman ante veteranos como Richi Collins e novas promesas como o brasileiro Peterson Crisanto. Dende Brasil chegarán tamén Leonardo Neves e Charlie Brown. Indonesia contará co seu surfeiro máis coñecido Dede Suryana. Galiza estará representada polo noso mellor rider de todos os tempos, Gony Zubizarreta, que está dentro dos 100 mellores surfeiros do planeta e polo rider vigués Guille Gómez que ten una wildcard obtida nas CAV Series.
Tamén queremos destacar a presenza dos 3 riders bascos máis potentes do panorama actual: Aritz Aramburu, Hodei Collazo e Eneko Acero.
Os días 10 e 11 de Setembro decidiranse as dúas derradeiras prazas nos triais que van ter lugar en Pantín.
Tedes toda a info en: