Aritz Aranburu novo campión do Pantín Classic

Nun Pantín de ondas de dous metros, o surfeiro basco Aritz Aranburu fixo a mellor puntuación na final do Cabreiroá Pantín Classic 2011 fronte o brasileiro-arxentino Santiago Muniz. As condicións non foron doadas, xa que o vento do noroeste estivo presente todo o día e as ondas foron duras de surfar, con todo, houbo momentos espectaculares.

Tras seis días de competición interrompida e ondas todos os días, presenciouse unha final durísima. Santiago Muniz, irmán pequeno do número 14 do mundo Alejo Muniz, preferiu colocarse na dereita da montaña, na zona coñecida como o Lombo Verde. Aritz estivo, con todo, traballando a onda do medio, escollendo as mellores esquerdas.

Foi alí onde, xiro tras xiro, o basco conseguiu a vitoria. As dúas mellores ondas de Aritz sumaron 13.67, mentres que o arxentino non pasou do 8.93.

"Ao principio tentei achegarme ao pico da dereita, pero pronto me dei conta de que había moita corrente e as ondas estaban algo raras. Funme ao medio e as cousas foron moito mellor. Remei tanto que ao final me quedei sen forzas. Encántame Galicia, estou moi feliz e quero darvos as grazas a todos polo trato que recibín. O ano que vén volverémonos a ver", recoñeceu Aritz.

Aritz non só gañou o campionato, tamén está en posesión de onda mellor puntuada do evento (9.17) e a mellor puntuación dunha manga (16.84 sobre 20).
Santiago Muniz (18 anos), o segundo clasificado, é sen dúbida una das promesas do surf suramericano. Muniz, que eliminou a surfeiros como Jay Quinn, Chris Friend, e Brent Savage, conseguiu o  mellor resultado da historia dun arxentino en competición da ASP. "Estou moi canso, foi unha semana moi dura e o mar estaba moi grande, había que remar moitísimo e cheguei esgotado á final. Con todo estou moi contento, teño moi bos recordos deste evento e vou volver sempre".

Entre as semis e a final celebrouse o Vazva Air Show que gañou o australiano Alex Chacon por realizar a manobra máis radical.  

Cabreiroa Pantin Classic Pro Men’s Final

Aritz Aranburu (EUK) 13.67 Def. Santiago Muniz (ARG) 8.93

Cabreiroa Pantin Classic Pro Men’s Semi-final Resultados

Heat 1: Santiago Muniz (ARG) 14.06 Def. Chris Friend (AUS) 9.07
Heat 2: Aritz Aranburu (EUK) 16.84 Def. Glen Hall (IRL) 11.84

Cabreiroa Pantin Classic Pro Men’s Quarterfinal Resultados

Heat 1: Santiago Muniz (ARG) 13.23 Def. Brent Savage (AUS) 9.23
Heat 2: Chris Friend (AUS) 10.93 Def. Alex Chacon (AUS) 10.17
Heat 3: Aritz Aranburu (EUK) 12.76 Def. Leonardo Neves (BRA) 6.83
Heat 4: Glen Hall (IRL) 12.47 Def. Wiggolly Dantas (BRA) 10.17

Cabreiroa Pantin Classic Pro Men’s Round Five Resultados

Heat 1: Santiago Muniz (ARG) 13.03, Alex Chacon (AUS) 10.77, Nicholas Squires (AUS) 10.66, David do Carmo (BRA) 8.56
Heat 2: Chris Friend (AUS) 14.96, Brent Savage (AUS) 10.57, Charlie Brown (BRA) 8.73, Dion Atkinson (AUS) 8.16
Heat 3: Aritz Aranburu (EUK) 12.87, Glen Hall (IRL) 12.00, Gavin Gillette (HAW) 8.87, Frederico Morais (PRT) 7.43
Heat 4: Wiggolly Dantas (BRA) 11.74, Leonardo Neves (BRA) 9.54, Sam Wrench (AUS) 8.10, Nic von Rupp (DEU) 6.37

Toda a info en:

http://pantinclassic.com

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.