Un ano máis chega a Praia de Patos o Volcom Qualifying Series Duck Fish. Estes campionatos VQS de Volcom celebranse por todo o planeta na procura de dar unha oportunidade aos surfers grandes e pequenos de competir de balde e pasar un divertido día de surfing con regalos, comida e xogos. Os finalistas de cada categoría optan a participar na final VQS Europea en Anglet o vindeiro mes de abril.

Acudide este sábado 25 de Octubre a Patos no Concello de Nigrán.