Zorlak 20 Anos de Surf: Crónica e Resultados

Yago Chamorro - O Campionato Zorlak 20 Anos de Surf arracaba ás 10 da mañá, as condicións do mar, cuarto metro sen vento, comezaba o evento coas mangas sub-15 nas que os máis novos deron un bo espectáculo con moitos novos competidores que o fixeron moi ben. A continuacion, comezaron as mangas das rapazas nas que as riders locais dominaron claramente e surfearon a un bo nivel. A categoría Open estivo complicada polo pequeno tamaño das ondas pero se miraron manobras fortes e radicais. 

O Invitacional con Pipo Domínguez, Milo Castelo, Yago Chamorro, Emerson Lopes, Nico Pena, Guille Gómez e Luís Ansin que deron espectaculo con catro táboas Zorlak feitas para a ocasión, tamén realizouse un sub-10 no que puidemos ver aos mais pequenos dando o mellor de si.

Clasificacións

OPEN

  1. Felix Iribarne
  2. Oscar Babe
  3. Ignacio Guisasola
  4. Nacho Ansin

SUB15

  1. Ignacio Guisasola
  2. Jaime Amador
  3. Juan Fernández
  4. Alex Fernández

FEMININO

  1. Carlota Lago
  2. Itziar Guisasola
  3. Alba Robledo
  4. Raquel Dopazo

INVITACIONAL

  1. Pipo Domínguez

Dar a noraboa ao Team Riders 73 formado por Carlota Lago, Itziar Guisasola, Ignacio Guisasola, Eva Ferreira, Miguel Morla a Alfredo Guimarei polos resultados obtidos e aos que se estrearon en competición, Irene Domínguez, Lara Domínguez, Alex Grove, Fernando Deza e aos mais peques beni, Nacho e Lula e tamén a Walter de Zorlak pola organizacion e o campionato.


Texto e fotos: Yago Chamorro Riders 73 Surf School


Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.