Juan Jamardo foi o vencedor do 2º Memorial Julián Keima nunha final na que estiveron presentes David Valladares, Jacobo, Luis Pui Pui e ..... Na auga as series pasaban o metro e medio e houbo momentos glassy con moi boas ondas. Jamardo, gran coñecedor desta onda non deu opción collendo varias boas dereitas e facendo xiros e algún aéreo.
O evento comezou cunha repesca de riders eliminados o sábado. Logo houbo unha manga de cuartos pendente e unha manga de bodyboard con Carlos, Cristian, Tibetano, Rober, Bobi, Genaro e Coto.
Valladares e Mendiola compartindo onda
Houbo boas dereitas e algunha esquerda surfeable
Jamardo voando na semifinal
Debaixo tedes a galería enteira das fotos do Domingo e tamén da entrega de premios e pinchos na terraza do bar de Suso a última hora da tarde.
{artsexylightbox path="images/stories/surfNoticias/2012/semprekeima2" previewWidth="128" previewHeight="95"}{/artsexylightbox}