Excelentes Resultados da Armada Galega no Luso Galaico 2013

Xa temos por fin as fotos do Luso Galaico 2013 celebrado a pasada fin de semana en Viana e organizado por Surfing Viana. Temos que destacar o excelente resultado de Pipo Domínguez que rematou segundo en surf Open e a ferrolá Isa Gundín que rematou de primeira en chicas

Na categoria de Surf Open, Eduardo Fernandes, rider portugués foi o vencedor seguido do pontevedrés Pipo Domínguez (Golfiño Surf School), terceiro Martin González e cuarto José Diéguez (Prado Surf Escola).

No Surf Feminino a rider galega e promesa do surf de chicas, Isa Gundín venceu no evento e Alba Rodríguez Lloves ficou en segundo lugar deixando ben claro o potencial das nosas riders. Isabel Machado e Angela Ribeiro, riders locais do Surfing Clube Viana, ficaran en terceiro e cuarto lugares.

A mellor nota 8,33 puntos e o mellor score 13,93 do LG pertenceu ao rider local do SCV, Rui Mendes

Tedes todas as fotos en:

http://www.flickr.com/photos/surfingviana/sets/72157633561892522/

Máis info en:

http://www.surfingviana.com/

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.