Segundo fiasco do Rías Baixas Pro en menos dun ano

Por segunda vez en menos dun ano queda demostrada a pésima organización do Rías Baixas Pro que quixeron facer un campionato de surf na Lanzada en plena primavera do mesmo xeito que non se pode facer un campionato de snowboard en Manzaneda no mes de Abril. As ondas das Rías Baixas precisan bastante mar e os eventos deberían ser organizados no outono ou inverno pero nunca na primavera ou verán. Pero cando prima o diñeiro e o turismo por riba do surf e o espectáculo esté é o resultado esperado. Era visto.

A Lanzada surf

Imaxe da Lanzada do domigo día 13 ao mediodía collida en Camaramar

De todos os xeitos, o evento xa está rematado, o diñeiro xustificado, os cursos de surf impartidos a prezos ridículos para as escolas locais, as actividades gratuitas realizadas polos colaboradores sen custe para a organización, os media partners que traballan a cambio dun logo nun cartel, etc... agora que xa está todo xustificado e ben atado, a organización do evento recibirá o diñeiro da Deputación e obterá os seus bos beneficios por estar catro días facendo o paripé na Lanzada.

Estes catro días gastaron máis diñeiro que o que ten a Federación Galega de Surf pra organizar as 26 probas do Circuito Galego 2014 e contaron co apoio dos medios de desinformación masiva como o Faro de Vigo, Atlántico Diario, La Voz de Galicia, Diario de Pontevedra onde mentían en todas as noticias al dicir que os millores surfeiros internacionais estaban presentes na Lanzada ou incluso que a Lanzada era o epicentro do surf mundial como apareceu publicado no Faro de Vigo. Os mellores riders do planeta están en Australia competindo nun mundial e non no areal da Lanzada.

Todos estes grandes xornais galegos reciben centos de miles de euros de publicidade e convenios coa Xunta e a Deputación de Pontevedra, que está a ser investigada pola policia por supostos amaños na concesión de contratos e relacións de empresas familiares achegadas ao seu presidente Rafael Louzán coa obtención de moitos contratos pouco transparentes.

É increible ver como se entrega a un clube de surf de Ferrol que non aporta federados nin organiza probas do Circuíto Galego miles de euros pra organizar unha proba de surf avalada pola ASP e facer o ridículo internacional de novo. O ano que ven poden organizalo directamente en Agosto porque o resultado vai ser o mesmo e polo menos haberá máis xente na praia pra xustificar o circo surfeiro que montan enriba das dunas protexidas.

O máis surrealista do evento pode ser que os riders estiveron surfeando un día na provincia da Coruña no areal de Río Sieira grazas ao diñeiro da Deputación de Pontevedra axudando a promocionar unha provincia que non colabora co evento.

O surf non é un reclamo turístico nin unha estratexía de marketing comercial.

Seguiremos informando...

Novas relacionadas:

{fcomments}

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.