Esta semana arranca o 4º Km.0 Surfcamp na Mariña!

Os vindeiros días 27, 28 e 29 vai ter lugar na costa da Mariña a cuarta edición do Km.0 Surfcamp con 280 prazas para diferentes actividades que van ter lugar en diferentes praias e vilas da costa mariñá. Van ser tres días intensos cheos de actividades que podedes ler no programa oficial do evento no que van participar iders destacados como o cántabro Dani García, Aitor Francesena "Gallo", Estitxu Estremo e Luís Rodríguez de Ferrol entre outros.

Vídeo da pasada edición

Dá igual que sexa a primeira vez que te subas a unha táboa como se xa dominas as artes surfeiras: hai un espazo para todos. Durante toda a xornada do sábado haberá tres cursos intensivos de surf de 5 horas de duración específicos para o teu nivel (iniciación, perfeccionamento e profesional) cun total de 80 prazas. A inscrición abrirase ao longo desta semana.

Podes seguir o evento en Facebook e Twitter e informarte das novidades.

E por suposto na súa web:

km0surfcamp.deputacionlugo.org

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.