A Selección Galega de Surf e Bodyboard Subcampiona en Ferrolterra

Actualizacion: Galiza Subcampiona por autonomías en Ferrolterra. Noraboa Campións!!

Hoxe vai competir a selección galega de surf no Campionato de España por autonomías que vai ter lugar en Doniños e contará coa presenza de varios equipos autonómicos como Andalucia, Cantabria, Asturias, Valencia e Canarias. Despois das concentracións celebradas por Galicia, nas praias de Razo, Malpica, Soesto, Laxe, Pantín, A Lanzada e Patos entre outras, o seleccionador Jesús Mª Guerra Naverán decidiu convocar aos seguintes riders:

Na disciplina de Surf a Martín Cortijo González (A Coruña), Carlos Vázquez Castro (A Coruña), Isabel Gundín Pérez (Ferrol), Paula Paz Fraga (A Coruña), Carla Mosquera Lomba (Ferrol), Pablo Montero Prieto (A Coruña), Diego Álvarez Lourido (A Coruña). Na disciplina de Bodyboard a: Andrés Manso Vázquez (Ferrol), Brais Gonzalez (Ferrol), Carlos Megino Lorenzo, (Vigo) Bruno Martín Campos, (Ferrol), Patricia da Rocha Baptista (Ferrol) e Isabel Gundín Pérez (Ferrol). Na disciplina de  Longboard a Rodolfo Navarro Rodríguez (A Coruña) e en Paddleboard a Guillermo Carracedo Robelo (Ames).

Boa sorte a tod@s!!

Tedes + info en:

http://fgsurf.org/novas/comunicados/585-seleccion-galega-de-surf-campeonato-de-espana-por-equipos-autonomicos-2014.html

{fcomments}

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.