Ranking do Circuito Boardculture & Seventy One Percent

A falta dunha proba pra rematar o Circuíto Boardculture & Seventy One Percent Guille Gómez, Manu Blanco e Jose Diéguez manteñen as súas posibilidades de acadar o título. Esta fin de semana vaise disputar a derradeira proba do Circuíto e alí estaremos pra vos informar do que aconteza e os resultados dos riders galegos.

As galegas Cristina Iglesias, Alba Lloves e Marta Gómez dominan despois das dúas primeiras probas e por iso temos asegurada a primeira posición nesta categoría.

En surf sub-18 temos con moitas posibilidades a Leo Zambranoque rematou primeiro e segundo nas dúas probas e que pode ser o vencedor do circuíto facendo un bo resultado na terceira proba de surf.



{fcomments}

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com