Ignacio Guisasola arrasa en Cádiz

A pasada fin de semana celebrouse na praia da Fontanilla en Cádiz do 28 de Febreiro ao 1 de Marzo a primeira proba do Campionato de España de surf con categorías sub14, sub16, sub18 e Open. O rider pontevedrés Ignacio Guisasola demostrou o seu gran momento de forma proclamándose vencedor en sub16 e sub18. Todo un éxito para este surfeiro de 15 anos que sorprende a todos co seu alto nivel, surf sólido e elegante, e conseguindo altas puntuacións cun só xiro radical.

As condiciones do mare na proba foron cambiantes por mor das mareas e os competidores tiveron que facer un surf moi técnico pra poderen chegar á final. A organización do evento brilou pola súa profesionalidade. Deste xeito Igancio xa está clasificado para a final do Campionato de España que será na praia de Doniños en Ferrolterra e na que participarán os 16 millores juniors de cada categoría.

Moitas grazas a Yago Chamorro polo texto e ao fotográfo Lucas Tozzi polas fotos!

{fcomments}

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.