Todo preparado para o Festival Rock&Long en Montalvo

A falta de tan só 7 días e se as previsións acompáñannos, as categorías para a competición de longboard do Sábado 26 serán Open Masculino, Feminino e Máster 45. O Domingo 27 realizarase unha competición amigable con pranchas curtas retro singles cedidas polos shapers galegos Zorlak Surfboards, Iron Mountain e Camiño do Río.

Podedes inscribirvos realizando un ingreso no número de conta ES88 0238 8270 20 0600110848 indicando o nome completo e a categoría elixidas ou de modo presencial en Kannion Surf. O prazo para realizar a inscrición é até o xoves 24. As mangas colgaranse o venres 25. O prezo é de 5€, inclúe bocadillo, bebida e unha peza de froita para os dous días do evento. Se queredes unha camiseta de recordo do evento deberedes abonar 5€ máis, só para os festivaleros. Para os non festivaleros o prezo é 10€. Reservade xa que se esgotan!!!

+ info en:

https://www.facebook.com/Rocklong-Festival-155415278129956/timeline

{fcomments}

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.