Luis Rodríguez estará presente na Vaca XXL


O rider ferrolán Luis Rodríguez foi invitado pola organización do campionato que agora mesmo está en alerta vermella e pode dar comezo esta fin de semana. Probablemente o sábado as ondas superen os seis metros e o evento poida ser lanzado. O evento "La Vaca XXL" xunta en Cantabria a 44 tamañeiros, 40 homes e 4 mulleres, na procura de ondas xigantes e moito espectáculo. Boa sorte Luis!

A nivel estatal figuran os asturianos Carlos Alberto Meana, Jacobo Rodríguez e Pablo Suarez, os canarios Aaron Rodríguez, o gañador da pasada edición da Vaca Xigante e que vén con ganas de revalidar título, Alex Zirque, David Rodal, Yeray García e Dani Brunch (estes dous últimos entrando con alternativas en lugar de dúas baixas producidas entre os invitados), e Pablo Solar.

Entre os cántabros os invitados confirmados son Ajan Olavarri, Ale Morais, Alvaro Cotera, Asier Puntiverio, Dani Pablos, David Echague, un dos favoritos: Miguel Welsh, Nagai Puntiverio, o descubridor da Vaca Xigante, Óscar Gómez-Ibars, Pablo Gutiérrez, Tino Aja ou a prometedora nova promesa Marcelino Botín, que entrou como alternativa tras unha baixa.

Os representantes de Euskadi son Adur Letamendia, Aritz Aramburu, o tamén favorito Axi Muniain, Iker Muñoz, Adrian Fernández, Indar Unanue ou o tamén favorito Nacho González. Desde Galicia acode Luís Rodríguez.

Trailer oficial 2017

As ESTRELAS DO SURF MUNDIAL DESAFÍAN A ONDA CÁNTABRA

Entre as grandes figuras internacionais que se están desprazando a Cantabria hai que destacar á gran figura mundial Jamie Mitchell, australiano residente en Hawai, ou os franceses Pilou Ducalme, Stephane Iralour ou a estrela Gautier Garanx.

O británico Tom Butler, que tamén estivo no podio na pasada edición da Vaca, é outro dos que non dubidou en acudir ao evento cántabro de surf de ondas grandes e a súa presenza é unha das grandes bazas do evento, xunto ao os irlandeses Andrew Cotton e Ollie Oflaherty veñen á comunidade cántabra a por todas.

Vídeo do campionato do 2014 feito por Eldrone.es

Se falamos de figuras sen dúbida as estrelas desta edición da Vaca Xigante By Oakley son: a gran figura do surf internacional Grant Baker: a lenda do surf de ondas xigantes non dubidou a responder a invitación que lle enviou o club deportivo ObsessionA2 para a cita santanderina. O surafricano é sen dúbida o número uno a nivel mundial e un ídolo de masas. Ademais, hai que destacar ao portugués Joao Macedo outro dos top mundiais.

Alessandro Piu pode ser considerado como a gran figura mediática en Italia e un dos que dará un grande espectáculo, do mesmo xeito que o novísimo e gran promesa do surf mundial Dylan Cotton.

As MULLERES ACEPTAN O DESAFIO

Finalmente serán catro mulleres as que ao día de hoxe aceptaron o gran reto. Dous do cinco top mundiais acoden ao evento: a portuguesa Joana Andrade e a francesa Justine Dupont confirmaron presenza. A irlandesa Easkey Britton tentará acudir ao anuncio cántabro pendente dunha confirmación oficial por causas de forza maior. A presenza cántabra está asegurada coa suancina Mirka Solar.

Máis info actualizada no Facebook de Luis Rodríguez e LaVacaXXL

Web oficial: http://lavacagigante.es

{fcomments}

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.