Gran resultado de Ignacio Guisasola en Cádiz

Eiquí tedes un novo vídeo dos surfeiros galegos que foron ata Cádiz a competir na primeira proba do circuíto nacional de surf 2017 na praia da Fontanilla. Desde Coruña sairon Chus Guerra, Kike Conde, o seu pai Luis, Sebas e Pablo Montero; e desde Pontevedra Manel e Nachito Guisasola.

O mellor resultado foi pra Ignacio Guisasola que surfeou moi ben, acadando a final en surf open e rematando na terceira praza e tamén en sub-18. Pablo Montero tivo mala sorte e non puido pasar de primera ronda.

O VIII Costa de la Luz Winter, tivo como vencedores a Julián Cuello (Surf Open), Melania Suárez (Open Femenino), Alberto Fernández (Longboard), Jesús Suárez (Bodyboard), Juan de los Reyes (SUP ondas), Melania Suárez e Endika Garai (Sub18), Nerea Donaire e Joan Villar (Sub16) e Anne Calderón e Moisés Domínguez (Sub14).

Máis info e fotos no blog de Pablo Montero: http://www.paulmontana.com/2017/04/copa-de-espana-playa-de-la-fontanilla.html

Vídeo oficial VEOSURFING TV

{fcomments}

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.