Nace a Liga de Surf Profesional


Chega a maior Liga de Surf do país. Unha competición con probas por todo o territorio onde os mellores surfeiros enfrontaranse en categoría Open masculina e feminina. É a época dourada do surf nacional. Nomes como Aritz Aranburu, Gony Zubizarreta, Lucía Martiño, Jonathan González, Garazi Sánchez, Ariane Ochoa, Natxo González, Hodei Collazo, Yael Peña ou Luis Díaz xa son referentes a nivel mundial. É o momento de ter unha Liga dentro das nosas fronteiras acorde ao noso nivel de surf.

A Invernal de Laredo, o Surf Music & Friends de Salinas e o próximo Noroeste Pro da Coruña serviron como probas piloto en edicións anteriores e agora encabezarán A liga de Surf Profesional ademais doutras probas por confirmar en próximas datas.

Unha competición pensada e deseñada por surfeiras para grandes surfeiros que outorgará unha alta cantidade económica aos finalistas de cada proba e aos vencedores do circuíto.

Benvidos á Liga de Surf Profesional!

Podedes visitar o seu sitio web en:

http://ligadesurf.com

{fcomments}

Artigos recentes:

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.