Chega o Noroeste Pro!!

Benvidos á primeira edición do Noroeste Pro, do 9 ao 11 de xuño na Coruña, un evento que aspira a ser un referente do surf en Europa, que se celebrará na Coruña con motivo do 20 aniversario da Federación Galega de Surf e que formará parte da Liga de Surf. Un evento internacional con cadros competitivos para surfeiros galegos, nacionais e internacionais e que será sen dúbida o pistoletazo de saída da temporada estival.


Un formato motivador para os asistentes e os competidores. Unha Copa de Galicia e un Open Surf Contest con importantes premios en metálico en xogo.


Ademais durante a semana previa á competición deportiva organizaranse charlas con referentes como Kepa Aceiro, Vicente Irisarri, Gony Zubizarreta, Milo Castelo e Victor Iván Pombo ou Francisco "Galo" Francesena. Obradoiros e test de táboas de surf coas mellores marcas, a gala da FGS e o Festival musical The Rest Place Fest.

Benvidos ao Noroeste Pro!

Prezo inscripción 35€ + info en: www.noroestepro.com

{fcomments}

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.