Se queres participar no Noroeste xa te podes inscribir na súa web. Lembra que para competir é requisito obrigatorio estar federado e abonar o pago da inscrición (35€). Utilizarase para a proba o regulamento en vigor da Federación Española de Surf, e serán utilizadas as prioridades, configurandose o staff técnico con 5 xuíces (4 con rotación), un xefe de xuíces, dous xuíces de prioridades, un beach marshall, un speaker, un operador de refresh e un director de competición. Contaremos con sistema refresh.
Os tres días de competición realizaranse reunións de presentación ás 8:30, posteriores ao checking que será ás 8:15, presentándose o horario diario ás 9:00 para cada xornada. Todos os surfeiros deberán abonar a súa inscrición polo menos 4 días antes do evento, de forma que, de non asístir surfeiros do ranking de probas piloto ampliaranse as prazas dos surfeiras da Copa Galicia.
As mangas do evento serán polo menos de 20 minutos pudiendose ampliar nas finais a 30 minutos se se considera necesario por condicións de mar. Un formato motivador para os asistentes e os competidores. Unha Copa de Galicia e un Open Surf Contest con importantes premios en metálico en xogo.
Benvidos ao Noroeste Pro!
Prezo inscripción 35€ + info en:
http://noroestepro.com/inscripciones
{fcomments}