Vicente Romero e Isa Gundín campións do Noroeste Pro 2017


O surfeiro hispano-brasileiro Vicente Romero proclamouse vencedor desta primeira edición do Noroeste Pro realizado con motivo do 20 Aniversario da Federación Galega de Surf en excelentes condicións de ondas na praia do Orzán da Coruña. Vicente, que reside en Ferrol, fixo de profeta na súa terra e mostrou todo o seu repertorio de surf innovador e progresivo.

Na final tivo que competir co surfeiro vasco Hodei Collazo que partía como un dos favoritos para a vitoria final ao que apenas deu opción. O galego Gony Zubizarreta houbo de conformarse cun terceiro lugar no podium e un posto en semifinais xunto ao brasileiro André Moi que foi a gran sorpresa do campionato.

Aéreo de Vicente Romero - Foto: Matias BBK

A pesar de que o tempo non acompañou como en xornadas anteriores, as ondas non defraudaron e o público congregado na praia do Orzán puido gozar dun gran espectáculo de surf e ondas con grandes surfeiros como Marlon Lipke, John Junior, Luan Carvalho, Eric Rebiere, Pablo Guitierrez, Axi Muniain ou Iosu Alcántara.

En categoría feminina a surfeira ferrolá Isa Gundín impúxose á asturiana Lucía Martiño, a Marta Santiago e Lola Bermúdez mostrando un surf moi sólido durante todo o evento.

Péchase así unha semana chea de actividades en torno ao mundo do surf un evento que aspira a consolidarse como un referente do surf de competición na península.

Tedes + info en:

http://noroestepro.com/2017/06/11/vicente-romero-vencedor-del-noroeste-pro/

{fcomments}

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.