O surfeiro pontevedrés, local da Lanzada, Ignacio Guisasola proclamouse xusto campión na primeira edición do Waipia O Grove Surf Pro esta pasada fin de semana. Unha xornada marcada polas condicións na Lanzada, vento perfecto do nordés e ondas chegando a pasar un metro de altura, dereitas e esquerdas abriron todo o día para que todos os participantes mostrasen o seu mellor nivel ao máis de centenar de asistentes que se achegaron ao Grove para vivir unha xornada de surf fermosa.
Durante todo o evento sorteáronse agasallos da nosa marca, un neopreno altagama Premium, 2 ceas para 2 no Casino A Toja, 1 Spa para 2, fundas BRUTO e 2 entradas para o Celta-Real Madrid que se disputou esa mesma tarde. O formato do campionato era en prize money, contamos con 1000€ en premios, 800€ deles en metálico que se repartiron entre os 4 finalistas.
Na primeira manga de semifinais, Luís Ansín obtivo a mellor puntuación cun 10,60 seguido da revelación do campionato, o vigués Pedro Suárez que obtivo un 9,70. Logo Guillermo Carracedo cun 9,47 e Pablo Fernández cun 8,53. Na segunda semifinal vivimos unha final anticipada entre Ignacio Guisasola, Miguel Pérez, Pablo Montero e Guillermo Gómez que obtiveron 16,07, 15,73, 10,44 e 9,13 respectivamente.
Finalmente, ás 16:45 comezou a final entre os locais Ignacio Guisasola e Luís Ansín, o vigués Pedro Suárez e o coruñés Pablo Montero. A manga estivo moi axustada entre os dous primeiros desde principio a fin, Luís Ansín liderou a manga ata que Ignacio Guisasola impúxose nunha esquerda longa de dúas manobras onde lle serviu o 6,23 para superar a Luís. O premio ao Rookie do campionato levouno o valente Sebas Baamonde que con tan só 10 anos atreveuse a participar nesta primeira edición.
Despois de tres duras semanas de traballo, de tres temporais seguidos que azoutaron as Rías Baixas, á terceira foi a vencida, e onte puidemos desenvolver a nosa primeira edición do Waipia O Grove Surf Pro, un evento que pon a guinda final a un ano cheo de cambios e novos proxectos.
Para este ano non puidemos retransmitir o evento en directo pero deixámosvos con moito gusto algunhas das mellores instantáneas do campionato. Imaxes por Pablo Vidal, Manuel Pazos e Sila Padín.
Noticia orixinal en:
www.waipiasurf.es/ignacio-guisasola-se-proclama-campeon-lanzada/