O Surf Club de Viana organizou a 1ª etapa do Circuíto Rexional de Surf do Norte, a pasada fin de semana, na praia do Cabedelo, en Viana do Castelo. Con boas ondas e surf de calidade, esta proba volveu rexistrar unha grande afluencia de competidores. Os surfeiros dao clube local destacaron entre os 78 inscritos, ao posicionaren sete surfeiros entre os 16 finalistas, tendo mesmo Benedita Neves vencido en Sub 16. Organización: Surf Clube Viana. Vídeo: André Cardoso.
Con ondas dun 1 metro e vento offshore, o espectáculo en Viana do Castelo, cidade membro da World Surf Cities Network desde 2014, permitiu aos surfeiros, nos dous días de competición, excelentes puntuacións e manobras.
Tedes + info e fotos en:
https://www.facebook.com/surfclubeviana/posts/1860701523963276