Un campionato diferente de caracter familiar que congregará todo o surfing base da Mariña e aos locais de toda a vida reunidos pra pasar un dia de festa na praia! O campionato vai ter un período de espera do 28 de Abril ao 2 de Maio asegurándonos así unha xornada de boas condicións. Os invitados terán ata o dia Martes 24 de abril para confirmar a súa asistencia.
Categorías: Sub 10 mixto, Sub 14 masc-fem, Sub 18 masc-fem , Open Masculino e feminino, Master, Bodyboard e Dropknee.
Praia Esteiro do Barqueiro no Concello de Mañón.