Gony surfea forte no 6* Estoril Pro 2009

O noso representante galego no WQS 6* Quicksilver Estoril Pro 2009 vai pasando as súas eliminatorias demostrando o forte que está na auga e acaba de pasar da terceira ronda onde pelexou contra o francés Simon Marchand, o australiano Mark Mathews e o uruguaio Marco Giorgi. Gony xa está entre os 24 mellores e vai surfear na cuarta ronda contra Masatoshi Ohno (Xapón) e Madison Williams (Australia). Adiante Gony!

 
Gony en acción!
 
 
Resultados  da Ronda de 48
 
Podedes seguir a súa proba en directo dende esta ligazón:
 

 

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.