Galicia proclámase campioa na Frouxeira

Vicente Romero Surf

A selección galega impúxose nunha apretadísima final sobre a segunda clasificada por tan só 210 puntos. O campionato de seleccións autonómicas foi un dos máis disputados que se lembra. Ata a última manga, a final de surf sub 14 masculina, non estaba nada decidido. A selección cántabra, a canaria e a galega pelexaron ata o último minuto por levar o cetro nacional.

A última eliminatoria da xornada disputouse cunhas condicións moi difíciles onde a responsabilidade do título recaeu sobre os ombreiros dos máis novos do campionato. Finalmente, sería o mozo Manuel Fernández quen lle daría o título ao combinado galego coa súa terceira posición na manga final. Os seguintes postos completáronos: a selección canaria, (12.870), a selección cántabra terceira (12.555 puntos), a selección asturiana cuarta (10.820), a selección andaluza quinta (8.265), a selección catalá (6.075) e a selección murciana sexta (4.875).

Selección Galega de Surf 2018

A nosa selección!

As condicións meteorolóxicas poñíanllo difícil aos surfeiros que igualmente deixaron mostra do seu gran nivel de surf. As puntuacións máis altas do día veríanse na final  open masculina. O galego Vicente Romeu, cunha espectacular manobra de 9.40 e unha combinación de 17.07 puntos, levaría a final e os puntos para a súa comunidade.

As finais de surf  sub 14, masculino e feminino, pechaban uns axustados resultados tras unha intensa xornada onde se proclamaría campioa de España de seleccións a federación adestrada por  Uxío Rodríguez e Marcos Pita, este último, tras a entrega de premios mostrábase moi feliz polo resultado: “é incrible gañar o campionato de España por equipos, vimos traballando moito este ano coa selección e todos os deportistas esforzáronse moitísimo e cumpriron todas as expectativas”.

A cerimonia de trofeos foi un bonito espectáculo de cores onde se festexou a primeira entrega dos máximos galardóns do surf. Dous días de gran surf nos que se puido ver a camaradería e o bo ambiente que se vive entre os deportistas das diferentes modalidades que compoñen este evento (Surf, Bodyboard, Longoard e Paddle Surf).

Mañá será a quenda dos máis pequenos. A partir das 9:00 h da mañá volverá á praia da Frouxeira o surf coas categorías júnior, categorías que haberá que esperar ata o venres para coñecer aos seus novos campións. Estas probas darán paso ás categorías absolutas que se disputasen durante o fin de semana.

Poderanse seguir en directo todas as probas na web oficial www.cesurf.es e nas redes sociais oficiais da FES:

Twitter: @fesurfing_
Instagram: @fesurfing_
Facebook: www.facebook.com/fesurfing

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.