Os Patos Surf clube, a Federación Galega de surf e o Concello de Nigrán, organizan como cada ano en augas da Praia de Patos o tradicional campionato Trofeo Concello de Nigrán que este ano chega ás vodas de prata coas súas 25 edicións ás súas costas, ademais o de Patos é o campionato máis veterano do circuíto galego, o primeiro organizar no ano 1990 e desde entón non pararon, chegando este ano á 25 edición, polo que se converteu nunha referencia dentro do mundo do Surf a nivel nacional, e para os surfeiros galegos a cita obrigada do inverno nas Rías Baixas.
A novidade deste ano é que se miden os mellores surfeiros do circuíto galego de surf contra os mellores surfeiros locais, o orgullo de onde se fai mellor surf está en xogo. Entre os favoritos atópase o surfeiro de Pontevedra Milo Castelo é o que máis veces gañou este campionato, Martin Cortijo ou Saúl Carrera, sen esquecer aos locais de patos Juan Jamardo, Jaji Iglesias, Óscar Prieto ou Angel Pozas que tentarán xogar co factor campo xa que se coñecen a onda moi ben.
Esta é unha das mellores ondas galegas por mor do seu consistente fondo de rocha, rompe sempre no mesmo sitio e un sufista experimentado sácalle á onda o máximo de manobras, ademais de ser moi atractivo para a vista dos afeccionados que se acheguen a Patos.
Ademais Neptuno uniuse á festa e mándanos ondas de gran tamaño para o sabado (que mesmo case nos fan suspender o campionato por primeira vez, por demasiadas ondas) así que con estas referencias de grandes ondas e surfeiros de gran nivel e todo de balde, o espectáculo está servido.
Así que este sábado 17 de novembro dende as 9:00h da mañá empezárasee coas primeiras mangas clasificatorias, para chegar ás 14:00h coas finais de surf masculino e feminino.
Tamén o Club Patos entre as actividades paralelas e para celebrar os 25 anos do campionato dará un bautismo de surf "A túa Primeira onda" mini curso de Surf GRATUÍTO de 2h de duración, onde monitores titulados de Patos Surf prestásenche todo o material necesario ademais duns bos consellos, para que todo o que o desexe poida experimentar a sensación de camiñar polo mar, completamente gratuíto a todos os que queiran probar por primeira vez o surf.
Ao terminar o campionato farase a entrega de premios do campionato de Surf e do circuíto na mesma praia, coa presenza confirmada das principais autoridades de Nigrán.
HORARIO
SABADO 17 novembro
- 8:00h Confirmación inscricións.
- 8:30h Reunión de todos os competidores.
- 9:00h Inicio competición.
- 14:00h finais
- 15:00h entrega de premios
Para máis información
Pedro Novalbos Telf. -630954691