Velaquí tedes o vídeo de presentación do campionato de Abanca Galicia Classic Surf Pro 2019 onde non aparece o nome de Pantín Classic. Nas súas redes sociais falan da praia d'O Rodo, pola localidade na que está e que tamén da nome ao castro do Rodo situado nun dos extremos da praia.
Tampouco funciona o dominio pantinclassic.com xa que está redireccionado a outro no que non aparece o nome de Pantín e por suposto nas Redes Sociais tampouco aparece o nome do Pantín Classic.
Pero iso si, afirman nas Redes e sen ningún tipo de vergonza que son a edición XXXII deste evento, 32 anos de Galicia Classic Pro? En serio?
Xa non queda outra cousa que facer que asinar o certificado de defunción do Pantín Classic.
Isto está a pasar e como sempre a realidade supera a ficción.
Panem et circenses!