Éxito do SurfTech Tour na praia de Patos

O pasado 1,2 e 3 de maio o Surftech Test tour volveu pasar por Nigrán, da man do Clube de Surf Patos e a tenda Novalbos. O obxectivo era que todo o mundo puidese probar as novas pranchas de surf da marca Surftech, nova tecnoloxía, novos shapers e novos deseños, nun tour que consta de 11 etapas en diferentes praias da península.
 
 
Pedro Novalbos & amigos
 
O test dividiuse en 3 días, o venres fíxose un test privado para amigos e clientes de Novalbos, o sábado xa en Patos todo o que se achegou puido probar as súas novas pranchas TL2 así como os fish, longueiróns e evolutivos de Tuflite. Surfboards de Rusty (mellor shaper do 2007), Webber, Byrne, os novos fish de Joel Tudor, ou os longboards do mítico Takayama.
 
 
Surfeiros locais de Patos

Mais de 100 surfeiros de Patos pasaron pola carpa que instalou o clube Patos para admirar tocar e sobre todo probar táboas nun dia que tanto as ondas como o tempo acompañaron, xa o domingo o test foi só para os membros do equipo de surf do Club Patos e Novalbos, o adestramento habitual dos domingos pero con material novo para testar.
 
 
 
Máis info en:

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.