Convocado o XXII Luso Galaico na praia da Arda


O Surf Clube de Viana vén por este medio dar coñecemento do XXII LUSO GALAICO - clásico campionato entre surfistas galegos e portugueses - que terá lugar os días 28 e 29 de Agosto, na praia da Arda "Mariana", Afife, Viana do Castelo.
O LG é organizado polo Surf Clube de Viana, desde 1998, e estivo sempre asociado a momentos marcantes do Noroeste  Peninsular, como foron: o Prestige "Nunca  Máis", o Día da Mariña Portuguesa, os 750 anos da Cidade, as Initiatives Océanes da  Surfrider  Foundation, Día Europeo do Mar, etc, etc.. e é un dos máis antigos eventos de surf da Península Ibérica. O LG 2021 - Surf,  Bodyboard e  Longboard - é un evento que mobiliza e aproxima os mozos de ambas rexións nun cadro competitivo, festivo e de amizade.

A 22ª edición do LG está  homologada pola Federación Portuguesa de  Surf e terá financiamento da Fundación do Deporte no ámbito da "medida de Apoio aos proxectos deportivos dos  CAR" e ten o apoio da Federación Portuguesa de  Surf, Concello de Viana do Castelo,  Capitania do Porto de Viana, Quiksilver e Roxy.

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.