Volve o maior evento das Rías Baixas á praia de Patos da man de Gony Zubizarreta, Vigo Mafia Surf Club e a Federación Galega de Surf. O vindeiro sábado 4 de decembro poñemos en marcha unha nova edición chea de surfeiros internacionais e moitas propostas de lecer.
Abertas as inscricións para categorías Open masculina e feminina a razón de 30€.
Como novidade teremos unha Copa Up Softboards, varias premier en exclusiva, zonas de consumo, música en directo, meet & great con Gony + pro model Up test, market do Nadal e máis contidos que vos faremos chegar estes días.
Agradecementos aos patrocinadores Volcom, Estrela Galicia, Cabreiroa, Up Surfboard, 58 Surf e Semente. Tamén aos colaboradores Concello de Nigrán, Wasted Shoes e Jam Traction.
Welcome back Z Series!
+ info e contacto en: https://www.facebook.com/laconserveradelsurf