Crónica e resultados oficiais do Junior de Patos 2009

A Federación Galega de Surf publicou hoxe na súa web a crónica oficial desta proba do circuito galego junior 2009. Durante os días 9 e 10 de Maio celebrouse na praia de Patos a primeira proba do Circuíto Caixa Galicia Xuvenil. A proba foi todo un record xa que contou con preto de 180 inscritos divididos en oito categorías (surf xuvenil masculino e feminino, surf infantil masculino e feminino, bodyboard xuvenil masculino e feminino, e bodyboard infantil masculino e feminino). Ademais foi record tamén no número de mozas que se animaron a competir na proba: 46 en total, e grazas ao bo tempo que nos acompañou durante todo o fin de semana, o número de público asistente ao evento foi tamén moi elevado.


Para o desenvolvemento do campionato contamos coa colaboración do Prado Surf Clube cuxa organización e colaboración na montaxe e o área técnica é un gran exemplo a seguir, sen esquecer a deliciosa comida coa que nos obsequió a todos os competidores e persoal de organización que xunto ás bebidas proporcionadas por Coca-Cola déronnos enerxía para as maratonianas xornadas de surf na praia de Patos.

A proba arrincaba o sábado ás 10:30 da mañá na praia de Patos e debido ao altísimo número de participantes vímosnos obrigados a desenvolvela en formato "dobre pico". Grazas ás condicións de mar ao terminar a xornada xa disputaramos todas as mangas de tríales, oitavos, cuartos e semifinais, deixando para o domingo únicamente as finais das oito categorías.

O domingo o tamaño das ondas descendera considerablemente, así que nos vimos obrigados a trasladar o campionato a "A Calita", xunto á praia das Canas no extremo dereito de Patos. E trala acción trepidante de oito finais de diferentes categorías volviamos trasladarnos a Patos para proceder á entrega de premios que se realizou despois de comer.

 
Durante a entrega de premios José Dieguez (Prado Surf Clube) equivocábase coa categoría Surf Xuvenil, entregándolle a Guillermo Gómez (Prado Surf Clube) o primeiro premio cando este correspondía a Rafael Dopico (Club Grosso de Doniños) polo que, desde a FGS, pedímoslle desculpas ao merecidísimo vencedor da proba: Rafael Dopico que desde o comezo da manga deixaba a final sentenciada cun potentísimo reentry de costas que lle proporcionaba a mellor nota da xornada e a vitoria nesta primeira proba do Circuíto Galego Caixa Galicia. Cabe destacar que ao final da entrega o Director de Competición procedía á rectificación de devandito erro.

Xa para rematar destacar a presenza durante a entrega de premios de D. José Paz (Concello de Nigrán) ao que, un ano máis, agradecémoslle toda a súa colaboración para este evento, agradecendo tamén o apoio aos sponsors da Federación Galega de Surf xa que sen eles este circuíto non sería posible: Caixa Galicia, Coca Cola e Concello de Nigrán.

Tedes os resultados e fotos do evento na web da Federación Galega:

http://www.fgsurf.com

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.