Patos: International Surfing Day 2009

O día internacional do Surf terá lugar o vindeiro 21 de xuño e conta a día de hoxe con máis de 31 países participantes. Centenares de profesionais por todo o mundo presentarán ao público a cultura e o deporte do Surf a través de cursos, talleres e diferentes actividades completamente gratuítas.

Son xa seis anos desde que comezou esta iniciativa que ten como fin a promoción do Surf a nivel mundial. 3 escolas de Surf confirmaron a súa participación, Patos de Vigo, Escola Cantabra de Somo e Costa Norte de San Vicente de la Barquera.

Desde o Patos Surf Clube preparamos un día especial no que non poden faltar os cursos gratuítos de Surf (co material incluído), aluguer de material, test de padelboard, churrascada (para os inscritos ao surfing day) e moitos agasallos para os participantes.


Horario previsto:

- Confirmación inscricións 11:45 a 12:00
- Presentación Surfing Day 2009 12:00 a 12:10
- Clase teórica 12:10 a 13:00
- Clase práctica grupo A 13:00 a 14:00
- Clase práctica grupo B 14:00 a 15:00
- Churrasacada na praia 14:30 a 16:00
- Aluguer gratuíto de material 16:00 a 19:00
- Sorteo 19:00 a 19:10
- Fin do Surfing Day

Inscricións limitadas por orde de entrada (70 prazas)
Imprescindible saber nadar
Necesario bañador e toalla

Para inscricións:

1. Envía un e-mail a: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. co nome e apelidos do alumno, data de nacemento e nº de DNI (se non tivese o do pai, nai ou titor legal)

2. Diríxeche á túa tenda Novalbos máis próxima en C\ Pintor Laxeiro, 11, Vigo ou en C\ Laureano Salgado, 5, Baiona.

VéMONOS O 21 DE XUñO EN PATOS!!

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.