Aprazado o Campionato Galego de Surf e Bodyboard de Soesto

Comunicado da Federacion Galega: Lamentamos comunicarvos que unha vez consultada a previsión meteorolóxica e tras numerosas chamadas de clubes e competidores alertándonos das previsións para este fin de semana, vémosnos obrigados a aprazar dúas semanas o Campionato Galego previsto para esta fin de semana en Soesto (Laxe).Esta proba celebrarase finalmente os días 12 e 13 de Setembro dado que non hai máis datas dispoñibles no calendario da FGS.

Como podedes comprobar na imaxe a continuación, as previsións son de ventos "onshore" de 21 nós e ondas de 3 metros e medio, o que fai prever que a práctica do surf será prácticamente imposible e perigosa, especialmente para as categorías Xunior e Infantil.

As personas que xa fixeran o ingreso e enviaran a súa inscripción, quedan xa inscritas automáticamente para a nova data. No caso de que non puideran participar deberán comunicarllo a FGS.

Se pinchades na seguinte ligazón podederes ver as datas do Circuito Galego 2009

Calendario do Circuito Galego  2009 >>>

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.