Apresentado o XXII Pantín Classic

PantinClassic.com - O mércores 26 de Agosto ás 13:00 horas arrincou oficialmente a vixésimo segunda edición do Pantín Classic WQS 5* coa posta de longo oficial, un ano máis, no o recinto de Turgalicia en Santiago de Compostela e coa presenza de Mª Carmen López Pardo, secretaria xeral de turismo, Gonzalo Doce, concelleiro de Turismo de Valdoviño así como Marcos Rodríguez como director da proba. Esta 22ª edición do Movistar Pantín Classic mantén as 5* despois do éxito e repercusión do ano pasado, e do compromiso institucional de diversos organismos público como a Deputación da Coruña a través do Plan de Dinamización do Produto Turístico Ferrol-Ortegal, así como dos concellos de Ferrolterra.

Nesta edición do XXII Movistar Pantín Classic presentado por Estrela Galicia, logrouse sortear a crise económica global e manter as 5*WQS cun total de 120.000USD en premios. Un importante incremento obrigado pola ASP (Asociación de Surf Profesional) que, ademais, eliminou do programa a competición feminina debido á ausencia de campionatos complementarios no Tour europeo. Así pois, o Pantín Classic cumpkirá un ano máis coa súa cita de setembro, con algunhas das máis importantes figuras do Surf WQS (World Qualyfing Series) e co vigués Gony Zubizarreta como principal atractivo no plano de riders nacionais, e con posibilidades de aspirar ao asalto da súa participación no WCT. Marcos Rodríguez, mostrábase ilusionado con esta posibilidade na presentació: "Para o Surf galego Gony é a gran esperanza, desde o Pantín Classic sabe que terá todo o noso apoio, só ten que subir ás ondas e demostrar a súa capacidade, do resto, estaremos ao seu lado para o que faga falta".

A secrertaria Xeral de Turismo, Mª da Carmen López Pardo, que presentou o XXII Movistar Pantín Classic destacou que o apoio institucional á proba será total dentro das posibilidades da Xunta, xa que "Pantín é un referente non só deportivo, senón tamén turístico. Os máis de 20.000 afeccionados que se achegaron o ano pasado á praia a seguir a competición demóstrannos a singularidade do Campionato e a aposta de Turismo polo deporte naútico e concretamente polo Surf continuará". López Pardo tamén quixo recalcar que "iniciativas como o Pantín Classic axudarannos a evolucionar sobre novos produtos turísticos sustentables e saudables, pondo o máximo apoio informativo e de comunicación para que as estancias sexan máis longas en destino e o consumo foráneo sexa maior".


Na rolda de prensa de prensentación, estivo presente tamén a responsable de Comunicación de Estrela Gallicia, Cecilia Babarro, así como o conselleiro delegado de Turgalicia, Delfín Fidalgo e o concelleiro de Turismo de Valdoviño, Gonzalo Doce.

En canto á competición en si, ademais do atractivo que supoñen as opcións e a presenza do vigués Gony, competidores do nivel de Leonardo Neves (BRA), Rodrigo Dornelles (BRA), Royden Brayson (ZAF), Luke Munro (AUS) ou Neco Padarazt (BRA), todos eles competindo en WCT, estarán en Ferrolterra, así como o gañador do ano pasado William Cardoso (BRA) ou dous dos hemanos Gadauskas, Dane e Tanner (USA).

Tal e como informou días atrás a ASP, a inscrición seguirá aberta e aínda faltan por definir as Wild Car que se outorgarán e que dependerán, en gran medida, unhas do que decida a organización da proba e outras da ASP. A proba do fin de semana anterior en Zarautz e os resultados dos riders con opcións de aspirar ao WCT, completarán o excelente cartel do Pantín un ano máis.

Fonte orixinal: http://www.pantinclassic.com/noticias//archivo/11

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.