Fotos e Crónica do I Trofeo San Lourenzo - Foz

A pasada  fin de semana do 22 e 23 de agosto, logo de numerosas xestións con diferentes entidades e patrocinadores, celebrouse o I Trofeo San Lourenzo de Surf e Bodyboard na Praia de Rapadoira, en Foz ( Lugo). O Clube Surfiños, que engloba a un grupo de afeccionados - apaixoados - por este mundo do surf e o bodyboard plantexouse organizar este campionato local con ánimo de perdurar no tempo.

Javi buscando o tubo

A pesar dos atrancos iniciais, fundamentalmente debido á falta de ondas os días 15 e 16 de agosto, datas nas que inicialmente estaba previsto realizar esta proba, este clube focego conseguiu, finalmente, celebrar a proba,  que contou cuns trinta inscritos en total, entre ámbalas dúas categorías: a de surf e a de bodyboard.

Javi

Na mañanciña do sábado 26 celebráronse as primeiras mangas coa presenza dun grupo de xuíces pertencentes a diferentes federacións de península, entre os cales estaba Zurdi, xuíz internacional de surf e cunhas boas – e moi desexadas – ondas, tendo en conta que o verán foi escaso en canto a oleaxe.

Carlos

Cada manga estivo bastante disputada, tanto en surf como en body, e o espectáculo foi digno de ver. Os participantes fixeron gala das súas mellores manobras e tentaron aproveitar a forza das ondas ata o final.
 


Os espectadores tamén foron en aumento ao longo da mañá, de maneira que ás dúas da tarde, cando se celebraron as finais, a Praia da Rapadoira estaba ateigada de xente que seguía con  moito interese o desenvolvemento da proba.

Juanry

En torno ás 14:30 h moitos dos participantes decidiron tamén participar na Expresion Session, vinte minutos cheos de bonitas manobras tanto de surfers coma de bodyboarders. Para esta hora o mar xa baixara demasiado e facer algún xiro espectacular era xa difícil. Ás 15 h, tanto participantes coma membros da organización compartiron comida e risas nunha carpa instalada cerca da zona da competición.

Jairo nunha baixada complicada

Poucas horas despois, a media tarde, fíxose entrega dos trofeos aos diferentes gañadores das diferentes categorías, que foron:

Modalidade de Surf:

Álvaro Jiménez (1º); Jairo Barral (2º), Lorenzo Arzani (3º) e Juanry Prendes (4º)


Modalidade de Bodyboard:

Diego Cuervo (1º); Javi Pazos (2º), Luis Culís (3º) e Carlos Gil (4º)

Expresion Session:

Álvaro Jiménez (na modalidade de surf) e Xavitri (bodyboard).


Os premios consistiron en diferentes agasallos surfeiros (coma gorras, táboas...) máis unha cantidade en metálico que oscilou entre os 120 € do primeiro clasificado e os 50 € do terceiro.

Para finalizar o campionato, a festa e o bo rollo celebráronse pola noite dous concertos na zona das Torres de Foz con bastante éxito de público.

DJ Andrés


O Clube Surfiños, contentos polo éxito desta primeira proba, segue a traballar para a edición do vindeiro ano, que promete ser mellor e máis espectacular.

Moitas grazas a tódolos participantes e a tódolos patrocinadores, entidades e amigos que colaboraron neste evento.

Boas ondas

Texto de Juan Carlos Couto.

Web do Surfiños: http://www.clubsurfinhos.es/

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.