Sen data para o Campionato Galego en Soesto

A FGS e o Concello de Laxe están aínda intentando atopar unha data para o Campionato Galego logo de ter que aprazalo polas condicións de mar e vento durante a data prevista. Nun principio habíase falado como posible data desta fin de semana pero finalmente descartouse para que os afeccionados ao surf e o Equipo Galego que formará parte no Tag Team poidan asistir ao WQS que terá lugar na praia de Pantín.

A data definitiva farase pública este xoves, tras unha reunión onde se decidirá a mesma intentando buscarlle un oco no apertado calendario da FGS pero sen meternos demasiado no Outono.


Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.